SOUTOMAIOR
Vídeo
Vídeo do pleno extraordinario que se celebrou no día de onte

Vídeo do pleno extraordinario que se celebrou no día de onte

A corporación municipal de Soutomaior reuniuse no día de onte para celebrar un pleno extraordinario solicitado a instancias do BNG para esixir solucións aos problemas da sanidade pública que “están a cebarse coa veciñanza de Soutomaior”.

A solicitude deste pleno produciuse despois de que o a Consellaría de Sanidade decidise deixar o Centro de Saúde de Arcade sen pediatra durante todo o mes de xullo. “Non se están a cubrir as baixas nin as vacacións, e a realidade é que os nosos nenos e nenas están sendo privados do seu dereito a unha atención sanitaria digna. Sabemos que a intención do PP é continuar con esta política de privatización e recortes na sanidade pública e con este pleno queremos deixarlle claro que ou deixan de cebarse coa nosa veciñanza ou unha vez máis sairemos á rúa en defensa da nosa veciñanza e do seu dereito a ter unha sanidade pública digna”. Sinalou o portavoz municipal do BNG, Manu Lourenzo.

A iniciativa do BNG, que foi aprobada polo pleno demanda da Xunta máis médicos para o concello, a reapertura do consultorio de Romariz e unha condena rotunda as políticas sanitarias do PP. Manu Lourenzo lamentou que Agustín Reguera demorase conscientemente no tempo a convocatoria para celebrar un pleno para defender o dereito da veciñanza a ter unha sanidade pública digna. Agora, por fin o Conselleiro de Sanidade fica retratado, e sabe que en Soutomaior condenamos o que está a facer coa nosa sanidade pública.

Ler novas
Vídeo
Pleno

Intervención de Manu Lourenzo sobre a bonificación de taxas á hostalaría

Como podedes comprobar no vídeo, Agustín Reguera recoñece que non se bonificaron as taxas municipais como anunciou na prensa que ía facer.

Recoñece que dos máis de 40.000€ que se destinaron, só se gastou a metade...xusto o que aportou a Deputación de Pontevedra, el dedicouse a xestionar a axuda.

A hostalería, como un dos principais motores económicos do concello, non merece este trato. Destinaron menos cartos a estas axudas do que están a gastar na propaganda electoral do goberno do PP de Soutomaior.

Ler novas
Vídeo
Pleno Ordinario do mes de maio

Pleno Ordinario do mes de maio

No BNG de Soutomaior apostamos pola transparencia, e por iso compartimos con toda a veciñanza a gravación do pleno ordinario do mes de maio. Como representantes públicos da metade da poboación de Soutomaior, consideramos fundamental facilitar, na medida do posible, que a veciñanza coñeza e avalíe o traballo deste grupo municipal que se ve reflexado nos plenos. Por respecto e dignidade para toda a veciñanza, os que nos votan e os que non.
Ler novas