O Concello de Soutomaior perde unha subvención de 29.000 euros para o acondicionamento de roteiros
A Xunta de Galiza vén de denegar unha subvención de 29.000 euros ao Concello de Soutomaior. Neste caso, tratábase dunha liña de crédito deseñada para a sinalización e acondicionamento de roteiros no termo municipal, algo moi demandado en Soutomaior.
Tal e como lle notificou o propio Goberno galego ao Concello, denegoulle a subvención por solicitala cando xa non quedaba crédito para a mesma. Neste sentido, o portavoz municipalmdo BNG de Soutomaior, Manu Lourenzo, asegurou que un concello como Soutomaior “precisa aproveitar toda oportunidade que lle permita mellorar a vida das persoas”.
“Non pode ser que novamente o alcalde chegue tarde a unha subvención”, criticou Lourenzo, “porque non é a primeira, nin a segunda que o Goberno perde”. Para o voceiro municipal “a mellora dos roteiros é algo completamente necesario, nos últimos anos a demanda nestas actividades é altísimas, non pode ser que a imaxe que se leven os visitantes sexa a do desleixo actual, ou que teñamos que vivir situación como a caida polo mal estado destes que hubo o ano pasado en Aranza e na que tiveron que intervir os equipos de emerxencia”.
Ante esta situación anunciou que “no próximo pleno o BNG levará unha iniciativa para solicitar que se busquen outra liñas de financiación e se execute unha recuperación integral dos roteiros de Soutomaior” algo que en palabras do Manu Lourenzo “ acompañado de outras políticas complementarias que tamén levaremos ao pleno nos próximos meses, terán un efecto moi posítivo na economía do noso concello e na fixación da poboación na parroquia de Soutomaior”.