O BNG de Soutomaior denuncia “chanchulladas” por parte do goberno local na obra do tanatorio.

160921
Velatorio municipal de Soutomaior.
O Concello de Soutomaior decidíu bonificarlle o imposto sobre construcións á empresa e aceptoulle un orzamento á baixa coa que pagarán menos taxas.
O BNG de Soutomaior denuncia “chanchulladas” por parte do goberno local na obra do tanatorio.

O pleno de Soutomaior debateu a proposta do PP de non cobrarlle o 95% do imposto sobre construcións á empresa que realizará a obra de transformación do velatorio en tanatorio. Un imposto que, dende o BNG, denuncian que “ten que pagar todo fillo ou filla de veciño que pretenda construír unha casa ou establecer un negocio en Soutomaior. Non en tanto, cando a empresa está vinculada laboralmente cun concelleiro do goberno de Soutomaior, parece que existen privilexios”.

O edil nacionalista Diego Moreira manifestou que “é incrible todo o que aconteceu con esta obra. Logo de todas as queixas que se sufriron durante anos polo seu estado, agora que por fin parece que avanza temos, que soportar que se neguen a darnos a documentación económica durante unha semana, dándonola 23 horas antes do pleno e despois de pór moitos paus nas rodas, até o punto de chegar a manifestar que un concelleiro non pode acceder a unha licencia de obra pública”.

 
Pola súa banda, o voceiro municipal do BNG, Manu Lourenzo, afirmou que “logo de cotexar o proxecto con expertos do sector, era comprensible ese ocultismo e falta de transparencia.
O orzamento presentado pola empresa é ridículo, a ninguén se lle pasa pola cabeza que unha obra que no 2019 se valoraba en máis de 25.000 euros, agora se faga pola metade, 12.500 euros, co cal reduce tamén á metade o importo de taxas e impostos”.
 
“Isto é un fraude de manual. Toda a veciñanza de Soutomaior ten que facer fronte ás súas obrigas de impostos e resulta que unha empresa privada, con relación laboral cun concelleiro do goberno, non. Cámbiase o regulamento para beneficiala, cobráselle un canon estipulando unha obra de 25.000 euros e agora, 4 anos despois, din que fan o mesmo por 12.500, pagan menos impostos e o canon mantense, verase o prezo final da obra e até que punto chega esta mentira da cal o goberno é cómplice, xa que con Agustín Reguera como arbitro, hai empresas que gañan e unha veciñanza que sempre perde” concluíu Lourenzo.
 
O BNG de Soutomaior denuncia “chanchulladas” por parte do goberno local na obra do tanatorio.