Viaqua leva máis de dous anos sen cumprir o horario de atención ao público en Soutomaior
A empresa tampouco proporcionou facilidades de acceso para as persoas con mobilidade reducida
O BNG de Soutomaior volve a denunciar que Viaqua, a empresa concesionaria do servizo de abastecemento de auga para o concello de Soutomaior, incumpre sistematicamente o horario de atención aos veciños. Situación que o grupo municipal levou a cada pleno durante o último ano, e que seguirá a levar até que se dea o servizo que merecen os veciños.
O portavoz do BNG, Manu Lourenzo, denuncia que o horario de atencion na oficina que aplica agora mesmo Viaqua é de 11:00 a 14:00, e con cita previa. Isto contrapón totalmente o que figura no prego de condicións, no que se especifica un horario de 20 horas de luns a venres, ademais de ter que abrir un día a semana pola tarde. O nacionalista non entende que o alcalde, Agustín Reguera, siga a permitir que a empresa, tanto na pandemia como agora, coa situacion un pouco mais normalizada, incumpra o seu contrato.
Esta situacion provoca un continuo malestar nos veciños, que até teñen que ausentarse no traballo para poder realizar moitas das xestions. Ademais, e coma ven recollido no prego de condicions, a oficina carece de acceso para persoas con mobilidade reducida, o que ten ocasionado varias queixas.
Por ultimo, Lourenzo criticou que ambos incumprimentos, aportacións do BNG de Soutomaior na Comisión, sexan os que precisamente se lles permita incumprir a Viaqua por parte do goberno local e de Agustín Reguera.