O Concello de Soutomaior incurre nun déficit de millón e medio de euros no que vai de ano

Según un informe da intervención municipal que vai a pleno este xoves o concello ten recoñecidos gastos de máis de dous millóns de euros por riba dos seus ingresos

O Concello de Soutomaior incurre nun déficit de millón e medio de euros no que vai de ano

Este xoves o pleno do concello de Soutomaior tratará, entre outras, a situación de incumprimento da estabilidade orzamentario xa no terceiro trimestre do exercicio 2022, según remarca dito informe, o concello ten unha necesidade de financiación do millón e medio de euros, en outras palabras, un 25% sobre os seus ingresos, despois de realizar determinados axustes.

Esta situación derívase do vaciado das arcas municipais por parte do equipo que lidera Agustín Reguera, e que no último pleno tomou a decisión de deixar as contas 0, o que foi duramente criticado pola oposición.

Agora é a intervención municipal quen recoñece este despilfarro xa anteriormente anunciado polo BNG, que unido ao feito de non ter xa remanente dispoñible, fixo que o propio goberno municipal recoñecera a posibilidade de incurrir en débeda pública despois de 28 anos facendo gala de capacidade de aforro.

Dende o BNG son moi críticos con este xeito de proceder, en palabras do seu voceiro municipal Manu Lourenzo “é indigno que ante as necesidades que sufriu a veciñanza de Soutomaior antes, durante e despois da pandemia, tiveramos que ver un grupo de goberno que mantivo o concello paralizado, que non gastou un pataco mentres os comercios pechaban, que deixou sen executar partidas de emprego ou servizos sociais, para durante tres anos engordar os petos”

Para concluir afirmando que “ agora, como ben se recoñece neste informe dos servizos municipais, tiran a casa pola fiestra e seguen nesa voráxine de improvisación e chapuzas á que están sometendo a Soutomaior, pagando a súa campaña electoral cos cartos do concello, algo que se ben pode ser moi bo para as arcas do Partido Popular, o que temos claro, é que é nefasto para a veciñanza de Soutomaior”.

O Concello de Soutomaior incurre nun déficit de millón e medio de euros no que vai de ano