O BNG de Soutomaior mobilizará este domingo dous autobuses e unha ducia de coches na defensa da Sanidade Pública.

Manifestación na defensa da sanidade pública de Soutomaior
A formación nacionalista anunciou que, ante a gran demanda e a falta de autocares pola gran mobilización que se espera para este domingo en Santiago, porá a disposición tamén os vehículos da súa militancia para que ningún veciño ou veciña que queira asistir quede na casa.
O BNG de Soutomaior mobilizará este domingo dous autobuses e unha ducia de coches na defensa da Sanidade Pública.

O BNG de Soutomaior, a dous días da multitudinaria mobilización que terá lugar o domingo en Santiago de Compostela, mostra o seu orgullo pola resposta dunha veciñanza “que non cala ante a desfeita que están facendo coa sanidade pública, cunha Xunta que nos ten sen citas médicas até o mes de marzo e sen pediatra até novo aviso”, algo que a organización nacionalista tacha de “inasumible por parte da veciñanza e unha irresponsabilidade por parte do goberno do PP”.

No BNG manifestan que na mañá do venres xa conta con máis de 160 persoas anotadas, e mentres se valora e negocia a posible contratación dun terceiro bus, comprometese a mobilizar os coches da súa militancia para que “toda a veciñanza que así o desexe e nos siga chamando poda asistir á Santiago a defender os seus dereitos ante esta desfeita”. “Xa temos unha ducia de coches comprometidos e agardamos que a xente se siga sumando ao longo destes días”, engaden.

 
Pola súa parte, Manu Lourenzo, portavoz municipal do BNG en Soutomaior e candidato á Alcaldía, recalcou que “é un orgullo compartir loita na defensa da Sanidade Pública cunha veciñanza como a de Soutomaior, que nos últimos anos leva dando tremendas demostracións de dignidade e que está comprometida a seguir defendendo os seus dereitos alá onde faga falta”. 
 
Para rematar, Lourenzo lamentou que, ante esta situación, “Agustín Reguera, nin está, nin se lle espera, tempo hai que decidiu posicionarse co PP da Xunta e contra Soutomaior. Unha mágoa que, mentres outros alcaldes de todas as cores políticas apoian esta mobilización, fretan autobuses e chaman á participación, en Soutomaior teña que ser o BNG quen se faga cargo de todo debido aos silencios cómplices de quen está máis preocupado polos seus propios intereses que pola defensa da veciñanza e os seus dereitos”.
 
O BNG de Soutomaior mobilizará este domingo dous autobuses e unha ducia de coches na defensa da Sanidade Pública.