O BNG esixe ao PP que atenda ás necesidades de mobilidade e seguridade viaria en Soutomaior.
A BNG propón un novo modelo urbano pensado para á veciñanza e que dinamice o comercio local.
07 feb. 2023 - 18:35
O Grupo Municipal do BNG levou ao último pleno do Concello de Soutomaior unha iniciativa para propoñer solucións aos problemas de mobilidade e seguridade viaria do Concello de Soutomaior.
A este respecto o portavoz municipal do BNG sinalou que as queixas da veciñanza e dos comerciantes son unha constante porque o estado das beirarrúas e os problemas de mobilidade fan que os núcleos do noso concello son disuasorios e tal e como denuncian os comerciantes “se xa é difícil competir cos centros comerciais, nesta situación, é imposible. Ao caos de tráfico e á imposibilidade para aparcar, hai que engadir a agresividade dun modelo urbano que fai que transitar cun carriño de bebé, da compra ou en cadeira de rodas sexa unha odisea”.
Dende o BNG tamén sinalaron que “o goberno local, no canto de asumir os problemas que denuncian veciños e comerciantes adícase a “botar balóns fóra” chegando mesmo a dicir que os problemas nas beirarrúas urbanas deben resolvelos outras administracións, cando todo o mundo sabe que esa competencia é municipal e así se interpreta por todas as administracións.
Manu Lourenzo tamén explicou que está situación non afecta só a Arcade, senón a todo o concello, e puxo como exemplo disto a pasarela no Santiago Apostol que leva 4 anos nun estado lamentable, mesmo ata acabar precintada.
Pero o colmo do ridículo é que agora o PP vaise preguntar a si mesmo no Parlamento sobre que teñen pensado facer con esta pasarela que leva anos sendo un perigo; sen decatarse de que con esta actitude estase a evidenciar a irrelevancia de Agustín Reguera na Xunta, que ten que recurrir a un deputado do PP para que a Xunta lle conteste, como se un alcalde non puidese esixir directamente á Conselleira que se resolva esta vergoña e que se cumpra cunha resolución do pleno proposta polo BNG e que acadou un acordo unánime.