A veciñanza de Aranza demanda melloras de primeira necesidade para o barrio na reunión co BNG de Soutomaior

Manu Lourenzo conversou coa veciñanza de Aranza
Manu Lourenzo charlou coa veciñanza de Aranza
O portavoz do grupo municipal conversou cos veciños e remarcou a posición do BNG con respecto á protección e mellora dos barrios rurais de Soutomaior
A veciñanza de Aranza demanda melloras de primeira necesidade para o barrio na reunión co BNG de Soutomaior

A veciñanza de Aranza demandou melloras de primeira necesidade para o barrio no marco da reunión que os seus habitantes mantiveron co portavoz municipal do BNG de Soutomaior, Manuel Lourenzo, quen remarcou a posición e compromiso do BNG con respecto á protección e mellora dos barrios e zonas rurais de Soutomaior.

Lourenzo iniciou a reunión asegurando que Aranza é un enclave xeográfico e humano "con moitas posibilidades para crecer e fixar poboación", pero que a ausencia dun proxecto político para o barrio por parte do goberno local está levando a degradación "paulatina e constante" de Aranza. "O dano feito até o de agora neste concello polo PP de Soutomaior é moi grave, mais aínda non é irreversible", afirmou o portavoz, que defende que a solución pasa porque "unha maioría da poboación de Soutomaior pule polo cambio e por darlle un novo aire ao Consistorio".

"O BNG leva anos a levar iniciativas e propostas aos plenos para recuperar e protexer zonas do rural do concello como é o barrio de Aranza", sinalou Lourenzo, "e Agustín Reguera sistematicamente vota en contra, ou, cando vota a favor, non cumpre o mandato plenario". Neste senso, o portavoz asegurou á veciñanza do barrio que seguirá a loitar no concello e no Parlamento galego por dotar a rural de Soutomaior da dignidade que os continuos gobernos do PP lle quitaron.

A veciñanza que acudiu á xuntanza co portavoz municipal e co edil Diego Moreira compartiu a análise da situación do barrio exposta polo BNG. Tamén puxeron de manifesto situacións e problemáticas que afectan a todos os veciños de Aranza por igual, que Lourenzo e Moreira se comprometeron a estudar para esixir as responsabilidades pertinentes ao goberno local.

A veciñanza de Aranza demanda melloras de primeira necesidade para o barrio na reunión co BNG de Soutomaior