Soutomaior é o concello cos salarios e as pensións máis baixas de toda a ría de Vigo

O INE sinala que os fogares de Soutomaior teñen os peores salarios de todos os concellos da ría de Vigo e no caso das pensións as segundas peores de toda a provincia de Pontevedra.

Soutomaior é o concello cos salarios e as pensións máis baixas de toda a ría de Vigo

Soutomaior é o concello no que os fogares teñen os salarios máis baixos de toda a ría de Vigo. Fronte a concellos como Moaña no que as familias teñen salarios de 7479€ por persoa e ano, Vilaboa (7433 €) ou Redondela (7680€) no caso de Soutomaior as familias apenas acadan os 7337 euros por persoa ao ano.

Pero ademais dos salarios máis baixos, os fogares de Soutomaior son tamén os que teñen as segundas peores pensións de toda a provincia de Pontevedra. Se unha familia de Bueu ingresa 4176 euros por persoa e ano; e unha de Vilaboa 3823 €; no caso das familias de Soutomaior fican en 2990 euros, case mil euros menos por persoa e ano que os veciños de Vilaboa, e cun dato que é o segundo peor de toda a provincia de Pontevedra (só por detrás de Ogrove)

Pola contra, o único dato no que o concello de Soutomaior está á cabeza  é nas prestacións por desemprego. As familias de Soutomaior cobran 843 € polos seus familiars que están no paro cada ano, fronte aos 658 € de Vilaboa ou os 720€ de Moaña, algo que se debe ás maiores cifras de desemprego existentes en Soutomaior comparada co resto dos concellos da contorna.

A este respecto, o portavoz municipal do BNG: Manu Lourenzo sinalou que “28 anos do PP converteron Soutomaior nun dormitorio, sen industria, sen comercio local e coa ría soportando verquidos constantes. O resultado é este, os salarios máis baixos da ría e as pensións máis baixas da provincia, e as que máis prestacións por desemprego cobramos, unido a unha producción de riqueza das máis baixas de toda a provincia.

Somos un concello con mar, cunha ubicación inmellorable e cun potencial inmenso. Queremos vivir e que vivan os nosos fillos nel. Pero para iso temos que sanear a ría, atraer industria, apostar por un modelo urbano dinámico e polos nosos sectores productivos. non nos resignamos a ter o PIB máis baixo, unha cifra de paro disparada e que quen teña traballo teña os salarios máis baixos e as peores pensións. Querémoslle a Soutomaior e traballaremos ata darlle o futuro que a nosa veciñanza merece.

Soutomaior é o concello cos salarios e as pensións máis baixas de toda a ría de Vigo