A nova EDAR de Arcade manterá o punto de vertido enriba dos bancos marisqueiros

Manu Lourenzo acusa a augas de Galicia de ocultar este proxecto e de negarlle o dereito que o asiste como deputado para consultalo. “Queremos ver as alternativas e as consecuencias de manter aquí o punto de verquido antes de que sexa demasiado tarde”

A nova EDAR de Arcade manterá o punto de vertido enriba dos bancos marisqueiros

Augas de Galicia negouse onte por segunda vez a remitir o proxecto da nova EDAR de Arcade ao deputado do BNG e portavoz municipal den Soutomaior Manu Lourenzo.

A pesar de que o artigo 9 do Parlamento de Galicia establece que os deputados terán a “facultade de solicitar das administracións públicas os datos, informes ou documentos que consten en poder destas” Augas de Galicia negouse por segunda vez a trasladar este proxecto coa excusa de que “estaba sendo supervisado tecnicamente”.

A este respecto Manu Lourenzo sinalou que, están incumprindo a lei e sábeno. Se o proxecto está sendo supervisado por outros ninguén entende que a nós que nos asiste o dereito a velo, se nos oculte. Hai unha grande preocupación na veciñanza xa que o PP anunciou no Parlamento que pretenden que a nova EDAR, de moito maior tamaño, verta no mesmo sitio que a actual, xusto enriba dos bancos marisqueiros de Arcade. E agora, ocultando este proxecto non fan senón facer que medre a preocupación. 

Manu Lourenzo sinalou que “despois da comparecencia da directora de Augas de Galicia no Parlamento, na que confirmou que “o punto de vertido sería o mesmo que o actual” saltaron todas as alarmas entre a veciñanza”. Estamos a falar dunha depuradora moito maior que a actual e dun sistema de separativa de plubias e fecais que está furado en todo o concello. Levo 2 meses pedíndo o proxecto polo artigo 9 de regulamento do Parlamento pero incumpren a lei e néganse a remitilo”.

O portavoz municipal do BNG sinalou tamén que levamos unha década de atraso e de promesas incumpridas coa depuradora, perdemos 2 millóns de euros polo camiño e todo para que agora nos digan que imos ter 4 concellos e unha depuradora moito maior vertendo no mesmo sitio que a actual. Se isto non vai ter impacto para a veciñanza, non sabemos por que están incumprindo a lei e impedindo que poidamos sequera coñecer o proxecto, as alternativas e as consecuencias que terá”.

A nova EDAR de Arcade manterá o punto de vertido enriba dos bancos marisqueiros