O Concello de Soutomaior baleira as súas arcas
O Partido Popular tramita por urxencia deixar a 0 as arcas municipais
O Concello de Soutomaior convoca un pleno extraordinario o próximo martes para tramitar de urxencia incorporar ao orzamento actual todos os cartos que lle quedan no banco, con esta nova medida as arcas do Concello quedarán completamente baleiras.
O voceiro do Grupo Popular e Tenente de Alcade, Ramón Ángel Fernández Garrido, xustificou esta medida ante a imposibilidade do Concello co orzamento actual de pagar facturas que quedaron atrás por distintas obras ou actividades municipais, así como, de facer fronte ao pago dos suministros eléctricos ou de combustible.
Cuestionado polo BNG, o voceiro popular manifestou que aínda que non é necesario a día de hoxe, dende o goberno encabezado por Agustín Reguera valoran a posibilidade de endeudar o concello de ser necesario para seguir facendo fronte a estas facturas.
Dende o BNG manifestan a súa incredulidade de que un goberno que en 3 anos estivo completamente paralizado e gastaba aproximadamente 3 dos 5 millóns que tiña orzamentados, este ano gastará aparte do orzamento, os 2’5 millóns que tiña existían no banco deixando ao concello desnudo ante calquer imprevisto e valorando a posibilidade de incurrir en débeda.
O voceiro municipal e deputado Manu Lourenzo recalcou que esta situación é consecuencia da voráxine e desesperación na que está sumido Agustín Reguera e seu equipo. Un goberno incapaz e desnortado, máis preocupado de pagar a súa campaña electoral cos cartos da veciñanza de Soutomaior que de resolver os problemas.