O BNG de Soutomaior e Vilaboa orgazanizan o domingo unha andaina para reinvindicar a construcción dunha vía verde.

A andaina, que contará coa presenza do deputado no congreso Néstor Rego, sairá as 11:30 dende as Salinas do Ulló e transcurrirá entre estas e a antigua ponte do tren que da acceso ao Concello de Soutomaior.IMG-20211014-WA0006
O BNG de Soutomaior e Vilaboa orgazanizan o domingo unha andaina para reinvindicar a construcción dunha vía verde.
O BNG organiza unha nova andaina reinvidicativa, que se suma as outras iniciativas xa levadas a cabo neste sentido, e que recolle a demanda de que se habilite a antigua vía do tren ,hoxe en desuso, como sendeiro peonil que una todas as poboacións entre Arcade e Pontevedra.
 
En palabras do voceiro do BNG de Soutomaior, Manu Lourenzo “levamos anos traballando para que este proxecto sexa unha realidade, temos que apostar por unha mobilidade sostible e ecolóxica, non é de recibo que algo que podería dar un gran empuxe a todos os concellos da nosa contorna e aumentar a seguridade viaria, esté no estado de abandono no que se atopa hoxe en día polo desleixo das administracións competentes”.
 
Así mesmo, a nova voceira do BNG de Vilaboa, Tareixa Carro, remarcou ademais que esta mellora de accesibilidade suporía un gran avance no acceso e na proxección dun dos grandes atractivos turísticos do concello, como son as Salinas do Ulló.
 
Por último, a andaina contará coa participación do deputado no congreso, Néstor Rego, o BNG xa anunciou, que igual que leva facendo os últimos anos, enmendará os orzamentos recen presentados polo goberno do Estado para que recolla está demanda.
O BNG de Soutomaior e Vilaboa orgazanizan o domingo unha andaina para reinvindicar a construcción dunha vía verde.