O BNG de Soutomaior reunirase coas comunidades de augas para informar sobre a proposta de lei do ciclo de auga
O BNG de Soutomaior manterá este xoves, 5 de maio, unha xuntanza informativa con membros das comunidades de auga de todo o concello. O obxectivo, segundo explicou o portavoz municipal do BNG, Manu Lourenzo, é “darlle á veciñanza toda a información posible acerca da proposta da lei do ciclo de auga”.
A reunión terá lugar na casa do pobo de Pedreira, ás 20.30 horas. Intervirán, ademais do propio Manu Lourenzo, a concelleira do BNG de Soutomaior Charo Bouzón e o deputado no Parlamento galego Luís Bará.
O portavoz municipal destacou a importancia destas xuntanzas informativas para que “a veciñanza poida contar cunha información fundamental para eles, que nin a Xunta nin o Concello están a dar”. “Por iso convidamos a toda a veciñanza interesada a que asista, porque a unta pretende que sufran un novo ‘sablazo’ con esta lei”, concluíu.