O BNG de Soutomaior prosigue coa súa ronda de reunións con veciños dos barrios do concello e desprázase este xoves até Aranza

Aranza
Barrio de Aranza

O portavoz municipal e os concelleiros acercaranse ao barrio para tratar as súas problemáticas cos veciños e coñecer de primeira man cal é a súa situación real

O BNG de Soutomaior prosigue coa súa ronda de reunións con veciños dos barrios do concello e desprázase este xoves até Aranza

O BNG de Soutomaior prosigue coa súa ronda de reunións con veciños dos distintos barrios do concello e desprazarase este xoves até Aranza co obxectivo de manter unha xuntanza ás 20,30 horas na Casa do Pobo.

Despois de reunirse cos habitantes do barrio da Pedreira, o grupo municipal retoma estas xuntanzas de carácter local  para tratar as problemáticas de cada zona de Soutomaior e coñecer de boca dos protagonistas cal é a situación real de cada barrio do concello.

A reunión asistirá o portavoz municipal e deputado no Parlamento galego, Manu Lourenzo, ademais dos concelleiros nacionalistas que forman parte do Consistorio. “Un dos obxectivos do BNG é dinamizar e protexer o rural de Soutomaior”, sinalou Lourenzo. Mostra diso é o lema desta xuntanza en Aranza, ‘POR UN RURAL VIVO’.

O BNG de Soutomaior prosigue coa súa ronda de reunións con veciños dos barrios do concello e desprázase este xoves até Aranza