O BNG de Soutomaior exíxelle á Xunta a rehabilitación da pasarela de madeira da Montesiña
O Grupo Municipal do BNG de Soutomaior vén de presentar unha moción para que o Concello exixa á Xunta á rehabilitación da pasarela de madeira da Montesiña, despois de que o seu mantemento “leve anos abandonado”, atopándose agora nun estado “deploráble”, 2 anos pechada e deixando unha moi mala imaxe para a xente que visita Soutomaior.
O portavoz municipal do BNG de Soutomaior, Manu Lourenzo criticou que “foron xa varias as veces que este tema foi tratado no pleno a proposta do BNG, como pregunta ou rogo, e pese a iso nada se fixo e a situación sigue sen mudar”. Lourenzo lamentou que o PP de Soutomaior fixese seguidismo do PP na Xunta e optase por non demandar o arranxo dunha infraestrutura moi empregada pola veciñanza e turistas cando estaba aberta.
Neste sentido, a moción do BNG pide que o Concello inste á Xunta á desenvolver as tarefas necesarias para levar a cabo a reparación da pasarela de madeira situada na PO-244, á altura da Montesiña, dada a necesidade de dotar esa contorna dun paso seguro para camiñantes e alumnado do Colexio Santiago Apóstolo.