O BNG de Soutomaior acada un acordo para restaurar os muíños de Daión

29072021-06
Estado actual da contorna dos muíños de Daión
O pleno do Concello de Soutomaior aprobou por unanimidade a iniciativa do BNG
O BNG de Soutomaior acada un acordo para restaurar os muíños de Daión

O pleno do Concello de Soutomaior aprobou onte por unanimidade a iniciativa do BNG para a restauración e posta en valor da contorna do conxunto etnográfico dos muíños de Daión.

O portavoz municipal do BNG Manu Lourenzo destacou que levamos máis de dez anos reclamando que se dean os pasos necesarios para poñer en valor este espazo e unha década despois estamos igual que estabamos. Con esta iniciativa pretendemos que o goberno local deixe de poñer excusas administrativas e que se poña a traballar para restaurar toda a contorna de Daión mentras non se poida actuar sobre os muíños.

Centro de saúde.

O pleno do concello de Soutomaior tamén abordou a aprobación do Plan especial de infraestruturas e dotacións para o centro médico. A este respecto Manu Lourenzo sinalou que o que debe facer o goberno local de Soutomaior e deixar de poñer cortinas de fume para taparlle as vergoñas ao PP da Xunta. O que precisamos son médicos, levamos todo o mes sen pediatra e a día de hoxe non hai citas para médico no centro de saúde de Arcade ata o 16 de agosto. É unha vergoña. Primeiro o PP quixo facer unha ampliación do centro de saúde na Feira, fracasou.

Agora por fin se suman a proposta do BNG para facer un novo centro de saúde, pero escollen un lugar que vai dar problemas. Nós non imos opoñernos porque Soutomaior precisa un centro de saúde pero a ubicación é a peor das posíbeis. Dará problemas de tráfico, ten un aserradeiro de pedra pegado, e non ten apenas posibilidades para medrar no futuro. Co centro de saúde están a facer o mesmo que fixeron coa Galiña Azul, co tanatorio, co instituto... Impoñen decisións desastrosas, gastan os cartos e ao ano seguinte quedan pequenas e dan problemas.

O BNG de Soutomaior acada un acordo para restaurar os muíños de Daión