O BNG levará ao Parlamento a sanción “irrisoria” que a Xunta impuxo a Naturgy por unha nova agresión ao río Verdugo
O portavoz municipal e deputado Manu Lourenzo e o tamén deputado Luís Bará presentaron unha iniciativa para revisar e ampliar a sanción a Naturgy
Os deputados nacionalistas Manu Lourenzo e Luís Bará levarán ao Parlamento galego a sanción “irrisoria” de 7.000 euros que a Xunta da Galiza impuxo á empresa Naturgy por unha nova agresión ao río Verdugo, consistente nunha modificación do caudal ecolóxico que someteu o ecosistema do Verdugo a unha seca forzada pola falla de caudal.
A seca afectou ao caudal do río Verdugo, poñendo en risco a subsistencia da fauna e flora do río. Por este motivo, tanto o portavoz municipal do BNG de Soutomaior, Manu Lourenzo, como o viceportavoz do grupo parlamentar, Luís Bará, presentaron unha iniciativa para revisar e ampliar a sanción a Naturgy, ademais de establecer un marco legal más restritivo para este tipo de actuacións lesivas co medio ambiente.
“Trátase dunha sanción irrisoria”, explica Manuel Lourenzo, facendose eco de colectivos ambientalistas como Ecoloxistas en Acción. “Esta sanción foi catalogada incomprensibelmente como leve, non está sustentada en ningún informe de Augas e podería ser tipificada como infracción grave segundo o Regulamento do Dominio Público Hidráulico”, comparten os nacionalistas e a asociación.