BNG esixe solucións aos problemas do sector mariñeiro do Soutomaior
A organización nacionalista denuncia que a Conselleira do mar negouse na súa visita de onte a Confraría de Arcade a garantir solucións aos problemas que está a padecer o sector da ameixa, ao tempo que a Xunta leva 4 anos coa depuradora parada.
O grupo municipal do BNG denunciou no día onte o que consideran unha crise sen precedentes para o sector mariñeiro de Arcade. Un crise que afecta tanto ao sector da ameixa como o da anguía. A semana pasada o grupo parlamentar do BNG levou ao Parlamento as restricións na pesca de anguía, unha especie de gran importancia para o sector pesqueiro do fondo da ría de Vigo e que agora pasará de estár 3 meses vedada a estalo durante medio ano.
O deputado e voceiro do BNG de Soutomaior Manu Lourenzo quixo mostrar “o noso máis firme apoio ao sector do mar. A o tempo que o PP vota no Parlamento contra o sector da anguía e se nega a atender as demandas de paro biolóxico do sector da ameixa, vemos como a conselleira ven a Arcade a sacarse a foto”.
“Por se isto non fora pouco, e cando hai ducias de familias afectadas por unha situación sen precedentes no noso concello, a señora conselleira, non só se nega a apoiar as demandas do sector, senón que ven con esixencia, reclamandolle a cofradía que faga informes e evaluacións completas que lle corresponde á Xunta e que afogarán todavía máis a un sector que xa ten a auga o pescozo” preseguiu Lourenzo
O BNG tamén denunciou que “ante isto, Agustín Reguera, no canto de esixir que se atenderan unhas demandas que son vitais para as familias de Soutomaior só se adicase a sacarse fotos e falar das obras na confraría.
Manu Lourenzo sinalou que “toda a veciñanza que lle queremos a Soutomaior esiximos solucións para o sector da ameixa e que dunha vez por todas deixen de rirse da veciñanza co tema da Depuradora. Estamos fartos de tanta foto e anuncio e ningunha solución, de caras amables mentres a veciñanza sofre as consecuencias de quen pensa máis nos seus intereses e os do seu partido, que nos de Soutomaior”.