BNG esixe a ampliación dos prazos de matrícula para o Bacharelato de Artes en Redondela
O BNG, a través da súa deputada Alexandra Fernádez, rexistrou no día de onte unha pregunta no parlamento Galego denunciando o caos e a confusión que están a sementar o PP e a Consellaría de Educación co Bacharelato de Artes en Redondela.
Alexandra Fernández, xunto co portavoz de Ensino no Parlamento Galego, Manu Lourenzo, sinalaron que o alumnado de Redondela e a súa comarca non merece ser tratado deste xeito. Como lle poden dicir ao noso alumnado que teñen que renunciar as súas prazas e que teñan que enteirarse pola prensa, no día de onte, do que vai acontecer no caso de que finalmente non se oferte este Bacharelato en Redondela? Como é posible que centros como o de Soutomaior ou o de Pazos non soubesen nada disto e teñan que anunciar a preincrición cun prazo de matrícula de 5 días hábiles xa iniciado? É todo un despropósito que o noso alumnado non merece e que está a ter un efecto disuasorio no alumnado.
Manu Lourenzo tamén quixo agradecer o traballo das ANPAS, da Comunidade Educativa e do alumnado. Nin a Xunta nin o PP enganan xa a ninguén en Redondela. Aquí todos sabemos onde estivo cada un e non esquecemos ao PP votando en contra de que Redondela tivese #Bacharelato de Artes no Parlamento. Todo este despróposito non é senón froito da improvisación de quen recúa e confunde ante a presión e o interese electoral. Se este caos acaba consolidando o efecto disuasorio dende o PP e a Consellaría terán que asumir a súa responsabilidade con Redondela e comarca.