O BNG comprométese a que Soutomaior terá o rally da Subida ao Verdugo

Manu Lourenzo comprométese a que o novo Soutomaior si terá este tipo de eventos deportivos e esixirá responsabilidades ao Goberno local do PP pola suspensión definitiva da Subida ao Verdugo despois de varios anuncios na prensa.

O BNG comprométese a que Soutomaior terá o rally da Subida ao Verdugo

Os amantes do automobilismo de Soutomaior non poderán desfrutar tampouco este ano da subida do Verdugo. E todo isto a pesar de varios anuncios do goberno de Agustín Reguera.

A primeira proba anunciada para novembro do 2022 foi cancelada apenas unha semana antes da súa celebración, situación que causou malestar no sector automobilístico, xa que varios pilotos denunciaron renunciar a outras probas e gastos importantes para participar nesta, xa que dicían puntuaría no campionato galego.

Pola súa banda, o sector da hostalería tamén criticou esta suspensión e o xeito de proceder do alcalde, xa que para anunciar dito evento acudiu aos establecementos, que fixeron reforzos na contratación e reservas. Pola contra o sector tivo que enterarse da anulación da proba e pola prensa, sen ter ningún tipo de comunicación por parte do Concello, cos custes que iso lle supuxo.

Foi nese intre cando Reguera anunciou o cambio de data para abril, data que finalmente non aparece calendada, trasladando fontes consultadas da federación galega que afirman que a pesar de dito anuncio, ninguén do Concello de Soutomaior se puxo en contacto con eles para calendar esta proba, que desapareceu de todos os sitios oficiais deste deporte.

Manu Lourenzo, voceiro do BNG manifestou que “estamos ante outro exemplo da parálise e da incapacidade que padecemos no goberno local de Soutomaior. Unha parálise que volveu deixar a imaxe de Soutomaior tocada, esta vez ante os amantes do motor e da hostalaría e comercio local.

Lourenzo afirmou que “ o novo Soutomaior si terá a Subida do Verdugo. Ninguén entende que concellos como Ponte Caldelas si teñan este tipo de eventos e  aquí todo sexan chapuzas e escusas de mal pagador. Merecemos máis e o Soutomaior terá a subida do Verdugo que demanda a veciñanza e a hostalaría.

O BNG comprométese a que Soutomaior terá o rally da Subida ao Verdugo