O BNG comprométese a que o concello teña un novo pavillón de deportes no IES Soutomaior

A instalación servirá para dar cabida a servizos deportivos do concello e desconxestionar o instituto

O BNG comprométese a que o concello teña un novo pavillón de deportes no IES Soutomaior

O BNG de Soutomaior vén de comprometerse a que o concello contará cun novo pavillón de deportes no IES Soutomaior, que permitirá desconxestionar o actual centro educativo e prestar diferentes servizos deportivos en Soutomaior. Na actualidade, as aulas do IES Soutomaior sofren unha saturación evidente que obriga o alumnado a ter o pupitre pegado ao encerado e que non deixa espazo para camiñar entre as mesas, en aulas masificadas de 30 alumnos.

Neste sentido, o portavoz municipal do BNG e candidato á Alcaldía de Soutomaior, Manu Lourenzo, explicou que “dediquei case 20 anos da miña vida á docencia, e sei ben que cando temos 30 alumnos amontoados nas aulas, é o alumnado o que sofre as consecuencias, sobre todo aqueles que máis atención precisan. O que está acontecendo no IES de Soutomaior é unha absoluta irresponsabilidade”

Manu Lourenzo sinalou que “xa levamos este tema ao Parlamento e sempre tivemos o voto en contra do PP, este IES debería estar hoxe ofrecen unha mellor atención educativa, e no canto diso sofre de continuos problemas de saturación. O que acontece no IES de Soutomaior é inadmisible, e a veciñanza pode ter a seguridade de que, en canto teñamos a responsabilidade de gobernar Soutomaior, teremos como un eixo prioritario a construción dun novo pavillón de deportes nas inmediacións do IES, que ademais de dar servizo á veciñanza, permitirá reconverter o actual ximnasio do IES en aulas e así resolver esta situación. Soutomaior merece un IES digno e un novo pavillón e ese é o noso compromiso”.

O BNG comprométese a que o concello teña un novo pavillón de deportes no IES Soutomaior