Apróbanse as melloras propostas polo BNG para o barrio de Moreira pese a abstención do Partido Popular

Agustín Reguera culpabiliza no pleno pola non cesión por parte da Comunidade de Montes dos terreos do Parque Infantil a súa non rehabilitación

Apróbanse as melloras propostas polo BNG para o barrio de Moreira pese a abstención do Partido Popular

Este xoves o pleno do concello de Soutomaior aprobou coa abstención do Partido Popular distintas melloras que o BNG propuxo para o barrio de Moreira pese a abstención do Partido Popular.

A concelleira nacionalista Charo Bouzón, veciña do barrio, defendeu esta iniciativa na que solicitaban melloras no parque infantil, saneamento para as casas ás que aínda non chega ou arranxar á estrada que une o núcleo de Moreira co da Pena, recordando que “o equipo de Agustín Reguera renunciou a unha subvención da Deputación de Pontevedra para arranxar esta estrada que se atopa nun estado calamitoso”.

Así mesmo, Bouzón tamén solicitou “que se arranxen as fochancas e se retiren as árbores das cunetas, xa que nós últimos días tivemos que ver como os accesos ao barrio estiveron varias veces cortados polo caída destas no firme, dunha estrada recordemos, xa perigosa de seu”.

Agustín Reguera manifestou no pleno, que o parque non se arranxou xa que está en terreos da Comunidade de Montes e non lle cedeu o seu uso. Preguntado por Bouzón, recoñeceu que dita cesión nunca foi solicitada oficialmente.

Tamén manifestou Reguera que se abstiñan, xa que non se ian a realizar ditas melloras a non contar o concello con capacidade económica para executalas. O que dende o BNG afirman que non fai máis que reforzar a súa denuncia sobre o vaciado das arcas públicas durante os últimos meses.

Apróbanse as melloras propostas polo BNG para o barrio de Moreira pese a abstención do Partido Popular