Ana Pontón dará o seu apoio á candidatura do BNG no acto central da campaña en Soutomaior

Manu Lourenzo: “Da man de toda a xente que lle quere ao concello construiremos o Soutomaior novo que a veciñanza merece”

Ana Pontón dará o seu apoio á candidatura do BNG no acto central da campaña en Soutomaior

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, estará presente o vindeiro 15 de maio no acto central da campaña do BNG na parroquia de Soutomaior. No acto, que decorrerá no campo de San Benito, a dirixente apoiará a candidatura, á que xa puido coñecer o pasado mes de abril na súa visita á Festa da Ostra.

O portavoz municipal e candidato do BNG á Alcaldía de Soutomaior, Manu Lourenzo, asegurou que Ana Pontón sumará a súa forza á da candidatura de toda a xente que lle quere a Soutomaior. “Este grupo de persoas traballan e traballarán por construír un Soutomaior novo, con oportunidades para a mocidade, crecemento para as empresas e o comercio e comprometido coa defensa do patrimonio cultural e natural de Soutomaior”, explicou Lourenzo.

Ana Pontón manifestou que para ela “sempre é un orgullo visitar Soutomaior, e máis facelo para apoiar a Manu Lourenzo e unha candidatura de xente honesta, traballadora, que xunta experiencia e sangue novo, e que lle quere ao seu concello e quere construír o seu futuro nel, o mellor proxecto e o mellor equipo que nunca tivo Soutomaior”.

Para o portavoz municipal, “o Soutomaior novo que merecemos xa está en marcha, e o está da man de toda a xente que lle quere a este concello e que sabe que Soutomaior merece moito máis. Todos compartimos un proxecto común, un proxecto que vai moito máis ala do BNG, o proxecto de todas as persoas que lle queremos a Soutomaior, que queremos aproveitar todo o noso potencial e darlle o futuro que merece e que merecen os nosos fillos e fillas. Todos xuntos, traballando con Soutomaior no corazón, ímolo conseguir”.

Ana Pontón dará o seu apoio á candidatura do BNG no acto central da campaña en Soutomaior