Soutomaior e Vilaboa unidos pola Vía Verde
17 de outubro de 2021 (14:04 h.)
“Mais de un centenar de veciñas e veciños de ambos concellos acoden ao acto reivindicativo organizado polos nacionalistas de Soutomaior e Vilaboa con unha andaina entre as Salinas do Ulló e a Illa Medal”
O BNG de Soutomaior e de Vilaboa levan reclamando esta cesión dende o inicio de esta demanda no ano 2013, co goberno do estado nas mans do Partido Popular de Mariano Rajoy ata o actual do Partido Socialista de Pedro Sánchez , sumándose a iniciativas de colectivos deportivos e veciñais, organizando iniciativas propias e presentando emendas os orzamentos do estado dos pasados anos para que poida levarse a cabo o proxecto por parte do Goberno do Estado.
A inicial Vía Verde do Salnés que une os concellos de Vilagarcía Caldas de Reis e Portas xa contaba con 9 quilómetros de percorrido. Logo sumáronse os concellos de Barro e Pontevedra alcanzando 24 quilómetros habilitados, darlle conexión dende a cidade do Lerez ata Arcade con 15 quilómetros máis de percorrido e podendo chegar a unila co tramo de Redondela-Vigo convertería esta senda nun atractivo turístico que ademais de favorecer ao comercio e hostalería local axudaría a mellorar considerablemente a calidade de vida da veciñanza de ambos concellos así como do resto da comarca e poría en valor zonas de gran interese e valor paisaxístico como a desembocadura do río Verdugo, a Illa Medal, as Salinas do Ulló ou as antigas canteiras de Vilaboa.
Á marcha asistiu veciñanza de ambos concellos acompañada dos representantes do BNG de Soutomaior e Vilaboa e do deputado do BNG no congreso Néstor Rego. Transcorreu dende as Salinas do Ulló por vías paralelas a antiga liña do tren, debido a intransitividade do trazado de vía, ata a Illa Medal onde Tereixa Carro, concelleira do BNG de Vilaboa, Manu Lourenzo, deputado no Parlamento Galego e portavoz do BNG de Soutomaior e o deputado do BNG no congreso, Néstor Rego manifestaron unha vez mais o apoio a este proxecto así como anunciaban novas iniciativas para a proseguir coa demanda.
A concelleira de Vilaboa resaltou a importancia para seu concello de acceder dende a Vía Verde ata paraxes como as Salinas ou a antiga canteira " O BNG xa defendeu no seu momento a batalla polas Salinas que hoxe disfrutamos e volveremos a dala na reclamación da Vía Verde" declarou.
Por parte do deputado no Parlamento Galego e portavoz do BNG de Soutomaior realizar este proxecto é de vital importancia para o comercio local, hostalería e veciñanza da comarca. "Falamos de ecoloxismo, e dunha mobilidade sustentábel que nos comunicaría en 15 minutos con Pontevedra por un camiño chan"
"Non se entende que unha demanda veciñal sin necesidade de un orzamento significativo non sexa atendida, volveremos a presentar a iniciativa no Congreso" Así anunciaba o deputado do BNG no Congreso o rexistro dunha nova emenda os orzamentos do estado do 2022.