Soutomaior queda coas contas a 0 despois da última modificación orzamentaria
Esta modificación foi aprobada cos únicos votos favorables do PP
Nun pleno extraordinario convocado para tal fin, o PP de Soutomaior aprobou en solitario romper o peto e deixar as contas a 0, xustifican esta acción na necesidade de facer fronte a máis gastos dos que tiñan orzamentados e recoñecendo a posibilidade de caer en débeda se xurde calquer imprevisto.
Dende o BNG manifestaron a súa incredulidade por este feito e aseverando que a xustificación de Agustín Reguera son excusas de mal pagador, o seu voceiro Manu Lourenzo declarou que “esta maneira de actuar só denota improvisación e falta de planificación, un proxecto claro non precisaría destas artimañas e ter que sacar do banco máis de 2 millóns de euros”.
Manu Lourenzo tamén asegurou que “esta medida só ben a constatar o que dende o BNG levamos meses denunciando, que o goberno de Agustín Reguera despois de 3 anos de parálese está sumido na máis completa voráxine de improvisacións electoralistas” para continuar dicindo “que dende o BNG entendemos que os cartos do concello deben servir para solucionar os problemas da veciñanza e non para que Agustín Reguera pague a súa campaña electoral” e rematou argumentando que “se ben estás medidas son moi positivas para o Partido Popular e as súas expectativas electorais, son nefastas para Soutomaior”.