O BNG de Soutomaior reunirase este xoves coa veciñanza de Moreira
27 de setembro de 2022 (10:16 h.)
O BNG de Soutomaior prosigue coa súa rolda de reunións coas veciñas e veciños dos distintos barrios do concello. Desta vez a xuntanza terá lugar o vindeiro xoves na Casa do Pobo de Moreira ás 20.30 horas.
O obxectivo destas xuntanzas de carácter local é coñecer de boca dos protagonistas cal é a situación real de cada barrio do concello e poder trasladar as necesidades que sexan precisas para mellorar os servizos e a calidade de vida da veciñanza.
Á reunión asistirá o portavoz municipal e deputado no Parlamento galego, Manu Lourenzo, ademais dos concelleiros nacionalistas que forman parte do Consistorio. “Un dos obxectivos do BNG é dinamizar e protexer os barrios do concello, xa que dan un sentido completo a Soutomaior”, sinalou Lourenzo.