O BNG de Soutomaior retoma a súa ronda de reunións coa veciñanza dos barrios e desprázase este xoves até Arcade de Riba
21 de setembro de 2022 (10:41 h.)
O BNG de Soutomaior prosigue coa súa ronda de reunións con veciños dos distintos barrios do concello e desprazarase este xoves até Arcade de Riba co obxectivo de manter unha xuntanza ás 20 horas na Praza da Aldea.
Despois do parón polo verán, o grupo municipal retoma estas xuntanzas de carácter local para tratar as problemáticas de cada zona de Soutomaior e coñecer de boca dos protagonistas cal é a situación real de cada barrio do concello.
A reunión asistirá o portavoz municipal e deputado no Parlamento galego, Manu Lourenzo, ademais dos concelleiros nacionalistas que forman parte do Consistorio. “Un dos obxectivos do BNG é dinamizar e protexer os barrios do concello, xa que dan un sentido completo a Soutomaior”, sinalou Lourenzo.