O BNG de Soutomaior presenta a persoa que encabezará a candidatura á Alcaldía do concello
O BNG de Soutomaior presentará este venres nun acto a persoa que encabezará a candidatura da formación política para conseguir a Alcaldía do concello nas eleccións municipais que terán lugar en 2023. O acto decorrerá ás 21 horas na Alameda de Talo Río.
No acto intervirán a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón; o portavoz municipal do BNG de Soutomaior e deputado no Parlamento galego, Manu Lourenzo; o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González. Ademais, o grupo municipal estará arroupado polas alcaldías dos gobernos municipais do BNG de toda a provincia de Pontevedra, como Barro, O Rosal, Mondariz e Ponteareas; deputados e deputadas do BNG na Cámara galega e outros membros orgánicos do partido.
Sobre o acto, o responsable local do BNG de Soutomaior, José Costas, afirmou que “é ilusionante ver a forza que nos traslada tanto a veciñanza como os compañeiros e compañeiras do BNG. Afrontamos con moitas ganas o acto do venres, e agardamos que sexa a primeira pedra que nos permita construír un Soutomaior novo a partir de 2023”.