O BNG de Soutomaior fretará autobuses para a manifestación do 12 de febreiro en defensa da Sanidade Pública en Compostela
A organización, que tamén levará comitiva propia, quere con isto facilitar a participación da veciñanza de Soutomaior nunha manifestación que se prevé masiva e aspiran a que sexa un punto de inflexión da política sanitaria.
O BNG de Soutomaior anunciou que o próximo día 12 de febreiro fretará autobuses, que sairán ás 10:30 do cruce de Pierres, rumbo á manifestación que se desenvolverá ese día en Santiago de Compostela en defensa da sanidade pública e que foi convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública, colectivo do que o BNG é un dos intrigantes.
Agárdase que está sexa unha mobilización masiva, dada a situación que está acontecendo en todo o país, e da que a área de Pontevedra é a máis afectada. Por iso, o portavoz municipal do BNG, Manu Lourenzo, manifestou que “a situación que levamos padecendo en Soutomaior dende hai anos é dramática, mirámolo día a día, sen médicos no noso centro de saúde, sen pediatra ou cunhas urxencias saturadas”,
“Dixémolo sempre, e tamén o dixo a veciñanza, que iamos a defender a sanidade pública de Soutomaior alá onde fixera falta, e por iso fletamos este bus, para facilitarlle á veciñanza exercer o seu dereito a defender unha atención sanitaria pública de calidade no noso concello e a acompañarnos na nosa comitiva, para que na Xunta escoiten alto e forte”, concluíu Lourenzo.
Dende a organización nacionalista pregan que para anotarse, se poñan en contacto con calquera membro da organización ou chamando ao 651 670 870.