O BNG esixe solucións para os barrios da Pedreira e Romariz
O grupo municipal do BNG esixiu no día de onte solucións para os problemas que os veciños dos barrios da Pedreira e Romariz están a denunciar. Son dous barrios que aglutinan boa parte do que debería ser o núcleo de centralidade de Soutomaior pero, tal e como denuncia veciñanza, atópanse nun estado de absoluto abandono.
A veciñanza da Pedreira trasladou ao BNG que o barrio padece serios problemas de alumeado, con lugares con alumeado moi antigo e deficitario, escaseza de colectores do lixo, ademais dun grave estado de deterioro dos que están, e que a falta de limpeza de camiños fai que haxa lugares do barrio que fican intransitables durante parte do ano.
O portavoz municipal do BNG, Manu Lourenzo sinalou que o que acontece na Pedreira non é senón outra mostra máis do “deterioro” do goberno de Agustín Reguera. “Non hai ninguén ao mando, e por iso temos na Pedreira problemas de bombeo no alcantarillado que fai que verta directamente ao río e iso por non falar dos asfaltados selectivos, dependendo de quen sexa o veciño asfaltan ou non”.
“Levamos dous anos e medio perdidos, cun goberno caótico, sen proxecto e sen ningúen ao mando que permite que peche o cosultorio de Romariz, deixando Soutomaior sen médicos e sen dar ningunha alternativa aos veciños que ven como agora teñen que desplazarse a Arcade e non só non melloraron o servizo senón que o teñen moito peor”. “A veciñanza de Soutomaior non merece chegar a estes niveis de abandono por parte do goberno local”, concluíu.